> Actualidade

20/04/2017 17:45

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DAS XORNADAS DE RISOTERAPIA PARA MAIORES

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición na actividade  Xornada de risoterapia, actividade incluída dentro do Programa de actividades para persoas maiores 2017,  que está previsto que se desenvolva  nas seguintes parroquias:

DÍA: LUNS, 8 DE MAIO
LUGAR: CENTRO CULTURAL DE CELA
HORARIO: DE 17:00 h A 19:00 h

DÍA: LUNS, 15  DE MAIO
LUGAR: CENTRO CULTURAL DE GAIOSO
HORARIO: DE 17:00 h A 19:00h

DÍA: LUNS, 22 DE MAIO
LUGAR: CENTRO CULTURAL DE SAN MARTÍN DE GUILLAR
HORARIO: DE 17:00 h A 19:00 h

DÍA: LUNS, 29 DE MAIO
LUGAR: XIMNASIO DO PAVILLÓN DE OUTEIRO DE REI
HORARIO: DE 17:00 h A 19:00 h

DÍA: LUNS, 5 DE XUÑO
LUGAR: CENTRO CULTURAL DE SAN FÉLIX DE PAZ
HORARIO: DE 17:00 h A 19:00 h

DÍA: LUNS, 12 DE XUÑO
LUGAR: CENTRO CULTURAL DE ROBRA
HORARIO: DE 17:00 h A 19:00 h

As prazas cubriranse por orde de solicitude; para poder acceder ás actividades é preciso estar empadroado en Outeiro de Rei, ter 65 ou máis  anos ou ser maior de 60 e estar xubilado ou ser pensionista.

As persoas interesadas en participar poderán realizar a inscrición na Casa da Cultura de Outeiro de Rei do 24 de abril ao 5 de maio ou chamando ao teléfono 982 393 408.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .