> Actualidade

12/04/2017 12:18

> PABLO DÍAZ E A BANDA TIC TAC TOC EN CONCERTO

O domingo 23 de abril ás 12:00 h terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei un concerto de música infantil en lingua galega dirixido a nen@s con idades comprendidas entre 0 e 12 anos que ten como finalidade a aprendizaxe de cancións infantís cuxa temática ten que ver co mundo dos máis pequenos.

Este é un concerto de pop-rock-folk para xente miúda onde poderán cantar os temas máis divertidos de TIC TAC TOC do creador Pablo Díaz, acompañado dos músicos Diego Barral e Alex Fente.

Este proxecto está incluído dentro do programa Fala Redes de actividades de dinamización lingüística da Xunta de Galicia.




















« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .