> Actualidade

03/03/2017 13:29

> ESTE MÉRCORES DANSE A COÑECER OS PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Con motivo da celebración do DIA INTERNACIONAL DA MULLER o 8 de marzo, o Concello de Outeiro de Rei puxo en marcha o I Concurso de Fotografía A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.

As fotografías gañadoras do concurso daranse a coñecer ese día na Casa da Cultura a partir das 17:00 h nun acto presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo.

Nese acto, de portas abertas, farase a entrega dos premios acadados e quedará inaugurada a exposición que permanecerá aberta ao público en horario de 10:00 h a 14:30 h ata o día 31/03/2017.

Para celebrar ese día, como é tradicional, haberá unha degustación de doces caseiros.


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .