> Actualidade

23/02/2017 17:38

> ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA ACTUACIÓNS DA ESCOLA DE MÚSICA

O Concello de Outeiro de Rei pon á disposición das parroquias e asociacións que o soliciten catro actuacións anuais de carácter gratuíto, a escoller entre:

- Actuación da Banda de Música Sons e Soños
- Actuación da Coral
- Actuación do Grupo Tradicional Tirapadiante
- Actuación da Big Band (jazz)

As solicitudes deberán presentarse no rexistro municipal do 1 ao 20 de marzo; o impreso de solicitude está a disposición do público nas oficinas municipais e tamén pode descargarse dende esta nova.

- DESCARGAR SOLICITUDE PARA ACTUACIÓNS DA ESCOLA DE MUSICA


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .