> Actualidade

14/02/2017 14:56

> ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES

O Concello de Outeiro de Rei abriu o prazo de inscrición para os cursos de Xestión, trámites e ocio a través de Internet e Taller de memoria, ambos incluídos dentro do Programa de actividades para persoas maiores 2017.

As prazas cubriranse por orde de solicitude; para poder acceder ás actividades é preciso estar empadroado en Outeiro de Rei, ter 65 ou máis  anos ou ser maior de 60 e estar xubilado  ou ser pensionista.

As persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades  poderán realizar a inscrición na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ata o día 28 de febreiro ou ven  reservar praza no teléfono 982 393 408.

- Descargar cartel



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .