> Actualidade

03/02/2017 11:09

> CONCURSO DE DISFRACES EN OUTEIRO DE REI

Un ano máis, con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2017, o Concello de Outeiro de Rei organiza a XIX edición do CONCURSO DE DISFRACES.

A cita terá lugar o día 26 de febreiro (domingo de entroido) a partir das 17:00 h  na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizada polo grupo D´NIKA.

Están a disposición das persoas interesadas  as bases do concurso así como as follas de inscrición. O prazo para anotarse permanecerá aberto do  6 ao 24  de febreiro na Casa da Cultura  en horario de 10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día do concurso en horario  de 17:00 h a 18:00 h.
Os 1960 € de premios repártense da seguinte forma:

 

COMPARSA

1º PREMIO:      400 Euros

2º PREMIO:     300 Euros

 

3º PREMIO:     200 Euros

4º PREMIO      100 Euros

 

PARELLAS

1º PREMIO:     200 Euros

2º PREMIO:     120 Euros

 

INDIVIDUAL

1º PREMIO:     150 Euros

2º PREMIO:     100 Euros

 

INFANTIL

1º PREMIO:     150 Euros

2º PREMIO:     100 Euros

E dous premios especiais  a maiores por un importe de 90 € e 50 € cada un , para  as  categorías nas que o xurado  considera necesario outorgalos.

- Descargar bases do concurso
- Descargar folla de inscrición
- Descargar cartel



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .