> Actualidade

27/01/2017 08:45

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI IMPULSA NOVAS ACTIVIDADES PARA MULLERES

Este venres, día 3 de febreiro, o salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá a presentación do Programa de Actividades de Promoción da Muller 2017 nun acto presidido polo alcalde, D. José Pardo Lombao.

A partir das 17:00 h as persoas que desexen asistir coñecerán a nova programación que o Concello de Outeiro de Rei porá en marcha ao longo do ano e poderán inscribirse ese mesmo día nas actividades previstas para o primeiro semestre do ano. Lembrar que aínda que a programación vai destinada ás mulleres, algunha das actividades previstas estará aberta tamén á participación dos homes; igualmente, no caso de que no se cubran as prazas no resto de actividades ofertadas, estas poderán ser cubertas por homes.

As prazas cubriranse por orde de solicitude e o prazo de inscrición das actividades previstas para o primeiro semestre do ano permanecerá aberto ata o día 24 de febreiro.


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .