> Actualidade

29/12/2016 13:59

> FESTA DE REIS EN OUTEIRO DE REI

Como é tradicional por estas datas, o Concello de Outeiro de Rei organiza para o día 5 de xaneiro  a FESTA DE REIS que dará comezo ás 18:00 h  coa  actuación do Mago Xacobe no Salón de Actos da Casa da Cultura. Ao   seu  remate, sobre as 19:00 h,   terá lugar unha festa- merenda con roscón e outras lambetadas  á que están  convidados todos os nenos  e nenas do municipio e que este ano se traslada ao pavillón municipal de deportes.

Posteriormente,  sobre as  19:30 h,  terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis que realizará unha parada na Residencia para maiores Lugo

(Geriatros Lugo-Outeiro de Rei) para a continuación chegar ao pavillón de deportes onde as súas Maxestades de Oriente recibirán a todos os nenos e nenas e repartirán  agasallos aos máis pequenos.

Os pais e nais que así o desexen poderán  levar os regalos dos seus fillos  á Casa da Cultura (xunto ao Colexio)  a semana do 2 ao 5 de xaneiro  en horario de oficina (de 9:00 h a 14:30: h)  e o mesmo día desta celebración durante toda a mañá e de 16:00 h a 19:00 h, regalos que serán entregados polos Reis na mencionada festa.

Pódese recibir máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 408.

> Descargar cartel



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .