> Actualidade

25/11/2016 11:23

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Mañá, día 25 de novembro, conmemorase o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller e un ano máis, a través destas liñas, queremos manifestar o noso firme rexeitamento contra calquera forma de violencia contra as mulleres.

Por estas datas  lamentablemente, pois a lacra non cesa, temos sempre un especial recordo para as mulleres que perderon a vida vítimas da violencia. No que vai de ano, e segundo datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, 39 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas.

É imposible entender o que pode ocorrer na mente dalgunhas persoas para agredir e chegar  a asasinar,  moitas veces en presenza dos fillos e fillas de moi curta idade. Tamén é difícil entender porque esta violencia está aumentando tanto nos adolescentes…

Segue sendo preciso tomar conciencia desta situación e reflexionar. En moitas ocasións,  aínda que hai maltrato non hai denuncias e outras moitas, a muller denuncia pero despois retira a acusación ou non vai a declarar.  O xuíz Enrique Ortolá, titular do Xulgado do Penal nº 2 de Valencia así o constata e manifesta, a través de varios medios de comunicación,  o desacougo que lle xera  esta situación xa  que ao non continuar co procedemento quedan sen probas se non hai outras testemuñas da agresión.

Lembrar que todas as persoas que formamos parte desta sociedade temos a obriga de denunciar, facendo visible calquera situación de risco ou de violencia que coñezamos.

TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Teléfono da muller de Galicia

900 400 273

Atención a vítimas de malos tratos

016

Teléfono de urxencias

112

Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei

982 393 281

- XA ESTÁ BEN. Decálogo contra a violencia sobre a muller de Enrique Ortolá

 



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .