> Actualidade

25/11/2016 11:36

> ELABORACIÓN DE ESTRATEXIAS DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL PARA INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN PÚBLICAS DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

Este concello ten a convicción de que existe unha necesidade urxente de incluír nas políticas, novas tomas de decisións con formulacións eficaces para combater o cambio climático, debido á identificación dos riscos que leva non facelo de cara ao futuro.

Unha das prioridades estratéxicas do Concello de Outeiro de Rei será a loita contra o cambio climático como unha das variables que debe ter presente nas súas políticas, tanto desde o punto de vista de redución de gases de efecto invernadoiro como da necesaria adaptación ás consecuencias derivadas do quencemento global que está a sufrir o noso planeta. Para iso vaise a elaborar un documento que contén estratexias que servirán  para desenvolver unha serie de actividades que van permitir reducir ou mitigar os efectos do cambio climático.

Os obxectivos perseguidos son os seguintes:

  • Promover o aforro enerxético ademais de supoñer un aforro económico, leva a  necesidade de reaccionar de forma inmediata ante calquera anomalía ou situación de consumo indebida.  A oportunidade de aforro atópase non só na utilización de equipos máis eficientes, a través de cambio de sistemas de iluminación,  motores ou sistemas máis eficientes, senón tamén na corrección de modos de operación, hábitos de uso dos equipos consumidores, predición de demanda de consumo e prevención de erros ocultos pero detectables mediante o uso de ferramentas de control intelixente, conducindo todo iso a unha  utilización dos recursos de maneira máis eficiente e sustentable.
  • Aproveitando a potencialidade que supón o aumento de temperaturas cunha maior radiación solar, o establecemento  a nivel local de medidas para implantar as enerxías renovables como a enerxía  solar, supoñerá ademais dun beneficio ambiental, a diversificación de actividades empresariais coa consecuente mellora económica utilizando recursos naturais sustentables.
  • A colaboración con outras administracións públicas, organizacións sociais, empresas e grupos de interese, supoñerá o intercambio de información e a transferencia de coñecemento  coa consecuente sensibilización e concienciación ambiental para adaptarse ao cambio climático e desenvolvemento da comunidade.
  • A xestión de residuos e a reciclaxe supón  reducir o impacto sobre o medioambiente ao aproveitar os recursos contribuíndo a xerar menos cantidade de lixo realizando desta forma  unha xestión sustentable non causando danos no ambiente.
  • A incidencia do cambio climático sobre os ecosistemas ambientais de flora e fauna, obrigarán a esta administración pública local a incluír nas súas tomas de decisións, xestión e planificación pública, a elaboración de directrices, avaliación de técnicas e modelos sustentables para a adaptación ao cambio climático, co consecuente coidado do medio ambiente.
  • A elaboración de información cartográfica supoñerá ter información sobre os novos escenarios climáticos podendo actuar a priori, mitigando e reducindo  os efectos do cambio climático logrando un menor impacto sobre o medio ambiente e un maior equilibrio ambiental.
  •  As actuacións que se propoñen nas vías terrestres de comunicación, supoñerán a redución da erosión sobre esas vías, reducindo o impacto que supón o arrastre dos materiais co consecuente aforro económico que supoñería a reparación das mesmas.
  • A reforestación de arboredo supoñerá a recuperación dos soutos e as carballeiras e do bosque autóctono, incrementando o valor ecolóxico do concello de Outeiro de Rei.
  • A avaliación das necesidades de redución da carga animal no sector agrogandeiro, penalizando os sistemas intensivos por ser máis contaminantes e consumindo máis cantidade de insumos, supoñería reducir a acumulación notable de residuos co consecuente coidado do medio ambiente. Pola contra, se se impulsan os sistemas extensivos, ademais de supoñer  o desempeño dunha xestión dos pastos e dos bosques, reducindo a súa vulnerabilidade ante os impactos ao cambio climático, ao mesmo tempo, o manexo do pastoreo adecuado supoñerá a acumulación de materia orgánica neses chans.

O resultado final da estratexia pretende ser un documento que permita a adaptación do concello ao cambio climático nos ámbitos de xestión e planificación públicas. O crecemento económico, o equilibrio ambiental e o progreso social serán os tres eixos fundamentais sobre os que se vai a construír a Política de Sustentabilidade deste concello, dita estratexia contribuirá a consolidalo entre as administracións locais máis avanzadas en materia de prácticas sustentables. 

Este proxecto ten un custo total de 6400 € dos que  4480 € son aportados pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio  a través dunha subvención asumindo o Concello de Outeiro de Rei a diferencia (1920 €).


OT 5. “Frear o cambio climático”


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .