> Actualidade

18/11/2016 08:26

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA UN CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O Concello de Outeiro de Rei promove un CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL no que poderán participar todos os nenos e nenas do municipio que estean cursando educación primaria.
Os  debuxos deberán vir en tamaño 15x 21 cm (medio folio), en soporte papel ou cartolina fina e serán sobre  temática do Nadal.

Pódense presentar ata dúas tarxetas por persoa acompañadas dunha folla cos datos persoais (nome e apelidos, fecha de nacemento, dirección e teléfono).

CATEGORÍAS:

CATEGORÍA II: de 1º a 3º de Educación Primaria
CATEGORÍA III: de 4º a 6º de Educación Primaria

Outorgaranse tres premios por categoría e o Concello seleccionará a tarxeta que acade maior puntuación para empregala como felicitación de Nadal.

Os debuxos entregaranse na Casa da Cultura ou á conserxe do Colexio Laverde Ruiz. O prazo de presentación remata o 25 de novembro de 2016.
Pódese atopar máis información nas bases do concurso.


- DESCARGAR BASES


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .