> Actualidade

17/11/2016 12:17

> CHARLA INFORMATIVA EN OUTEIRO DE REI SOBRE A ITV DE SULFATADORAS

A aplicación efectiva dunha directiva da Unión Europea obriga ás persoas propietarias de sulfatadoras agrícolas a pasar unha rigorosa inspección técnica con data límite o día 26/11/2016.
Quedan excluídas das revisións os equipos fitosanitarios que sexan pulverizadores de mochila e os de arrastre manual (carretillas) con depósito de ata 100 litros inclusive.
Conscientes da dificultades que teñen moitos agricultores e dado que por descoñecemento da normativa ou outras causas, aínda hai moitas máquinas sen pasar esta revisión, está previsto que unha ITV móbil se desprace a  Outeiro de Rei.
Os puntos nos que se localizará estarán en función da demanda que se detecte; a tal fin, o Concello organiza unha CHARLA INFORMATIVA SOBRE A ITV DE SULFATADORAS, charla que terá lugar ás 16:30 h no Salón de Actos da Casa da Cultura o xoves día  1 de decembroe na que as persoas interesadas poderán anotarse. O Concello de Outeiro de Rei subvencionara con 30 € parte do custo da ITV ás persoas  empadroadas no mesmo.



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .