> Actualidade

28/09/2016 08:55

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN VARIAS ACTIVIDADES DA ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

p> O Concello de Outeiro de Rei ten aberto ata o día 5 de outubro ou ata cubrir prazas o período de inscrición en varias actividades da Escola de Música destinadas a nenos e nenas;  as actividades que se ofertan son as seguintes:

MÚSICA EN MOVEMENTO:  luns de 14:00 h a 15:00 h, destinada a  nenos/as de 5º e 6º de Infantil.

MÚSICA EN MOVEMENTO: mércores de 14:00 h a 15:00 h para nen@s de 4º de Infantil.

MUSICAL ENGLISH:  xoves de 14:00 h a 15:00 h, destinada a nenos/as de 5º e 6º de Infantil.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude; a celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente.

Os cursos, que contarán cada un deles con 12 prazas, impartiranse do 5 outubro ata finais de maio. O custe por curso será de 20 €  que deberán aboarse antes do inicio da actividade.

As persoas interesadas poden anotarse ou recibir máis información  nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de  10:00 h a 14:30 h  ou chamando ao 982 393 408.



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .