> Actualidade

23/09/2016 10:15

> CHARLA SOBRE NUTRICIÓN SAUDABLE

O Concello de Outeiro de Rei organiza a charla CONSELLOS PARA UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura o venres 28 de outubro en horario de 16:30 a 19:30 h.
Esta charla será impartida por Ana María Martínez Lorente, Técnica do Servizo de estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.
Na mesma abordaranse os contidos seguintes:

  • Nocións elementais de alimentos, nutrientes e guías alimentarias
  • Os modelos de dieta atlántica e mediterránea como patróns de dieta saudable.
  • Destrezas básicas para a conformación do menú a través das eleccións alimentarias
  • Un menú saudable no Nadal. Obradoiro practico

Aínda que pode acceder á mesma calquera persoa interesada, as persoas que se inscriban con anterioridade (ata un límite de 100), terán dereito  a un diploma acreditativo emitido polo SERGAS. Neste caso deberán facer a súa inscrición na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, no seguinte enlace  http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/InscricionCidadan.aspx?IdPaxina=70512&CodCurso=15D11B69BBED6B37BF5200D160EFA702. Pódese tramitar tamén esta inscrición na Casa da Cultura de Outeiro  de Rei, tfno.: 982 393 408.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .