> Actualidade

15/09/2016 14:28

> CURSO SOBRE MARCA PERSOAL EN OUTEIRO DE REI

A Dirección Xeral de Xuventude vai poñer en marcha en Outeiro de Rei o curso A MIÑA MARCA PERSOAL destinado a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos.

A marca persoal é un concepto de desenvolvemento persoal e consiste en considerarse a un mesmo, ao igual que ocorre coas marcas comerciais, como unha marca; esta marca persoal debe ser desenvolvida , transmitida e protexida , coa intención de diferenciar e conseguir un maior éxito nas relacións sociais e profesionais.

Desenvolver a nosa marcar persoal nos vai servir para identificar e comunicar as características que nos fan destacar, ser relevante, diferente e visible nun ambiente homoxéneo, competitivo e en cambio .

 

Este curso de 60 h de duración é totalmente gratuíto e impartirase na aula informática do Centro Cultural de Outeiro de Rei do 24 de setembro ao 17 de decembro, os sábados en horario de 9:00 a 14:00 h.

O número de prazas que se ofertan é de 20 que serán cubertas por orde de inscrición polo que as persoas interesad@s en participar é conveniente que realicen a súa solicitude o máis axiña posible no enderezo:

http://xuventude.xunta.es/2016091520673/curso-a-mina-marca-persoal.html

O prazo de solicitude estará aberto ata o día 22 de setembro.

Os contidos do curso contemplan os seguintes módulos formativos:

  • Módulo 1.Que é a Marca Persoal

  • Módulo 2.A estratexia da Marca Persoal

  • Módulo 3. Correo electrónico. DNI dixital

  • Módulo 4. Introdución ás redes sociais

  • Módulo 5. Linkedin

  • Módulo 6. Twitter

  • Módulo 7. Facebook

  • Módulo 8. Blogs

  • Módulo 9. Youtube

  • Módulo 10. Ferramentas para xerar un contido atractivo

  • Módulo 11. Avaliación da presenza en Internet como fonte de ingresos

  • Módulo 12. Estratexia de xeración de contidos

  • Módulo 13. Posicionar con éxito a túa marca persoal

  • Módulo 14. Bosquexo da miña marca persoal

  • Módulo15. A marca persoal como motor de oportunidades

  • Módulo 16. Presentación da miña marca persoal

 

Pódese obter máis información no enderezo subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal ou no teléfonos 981 545822 /981545937; tamén no propio Concello de Outeiro de Rei.





« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .