> Actualidade

22/07/2016 10:31

> VECIÑOS DE OUTEIRO DE REI DESCOBREN O SEU MUNICIPIO

Este mércores un grupo de veciñ@s participaron na iniciativa Descubrindo Outeiro de Rei.

Tras ser recibidos no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao, dirixíronse á Casa-Museo  Manuel María que este ano está a acoller multitude de visitas coincidindo coa dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta Manuel María, nativo de Outeiro de Rei. A Casa-Museo alberga o conxunto do legado de Manuel María e ao mesmo tempo é a sede da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
A continuación, emprenderon ruta cara a residencia de mascotas Garatuxa que entre os seus servizos oferta gardería de mascotas, adestramento canino, perruquería canina e felina, servizo veterinario…

Tras comer no espazo natural do Campo de Santa Isabel, continuaron a excursión realizando unha visita guiada  ao taller de Xaneco, en S. Fiz de Paz, onde puideron observar a construción de instrumentos de percusión tradicional e zanfonas.

O recorrido finalizou vendo a medorra do monte de Santa Mariña.

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Outeiro de Rei, está incluída dentro da programación para persoas maiores 2016. A próxima saída dentro desta programación está prevista para  o día 4 de agosto a  Santiago de Compostela onde está programada a visita, entre outros puntos, ao mercado de abastos. Aínda hai prazas dispoñibles  podendo obterse información sobre esta actividade na Casa da Cultura, no tfno. 982 393 408.

Próximas actividades con prazas dispoñibles:

  • VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA, XOVES 4 DE AGOSTO,  (PROGRAMAC. PERSOAS MAIORES)
  • XIMNASIA PARA MAIORES
  • TALLER DE DECORACIÓN DE NADAL E OUTRAS MANUALIDADES (PROGRAMAC. MULLERES)










« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .