> Actualidade

23/06/2016 13:56

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CARREIRA SOLIDARIA DE OUTEIRO DE REI

A Asociación SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER en colaboración co Concello de OUTEIRO DE REI organiza a II CARREIRA SOLIDARIA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.
Esta actividade terá lugar o día 2 de xullo e está incluída dentro do programa da X FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI.
Establecense as seguintes modalidades:

  • Absoluta (1999 e anteriores)  (10 km)

Saída: Praza do Concello 10:30 h
Meta: Campo de Santa Isabel

  • Infantil e Cadete (2000 ao 2005)  (1400 m)
  • Prebenxamín – Benxamín (2006 ao 2009)  (700 m)
  • Chupete (2010 ao 2014)  (100 m)

Saída: Campo de Santa Isabel a partir das 12:30 h
Meta: Campo de Santa Isabel

Todas as persoas que participen terán servizo de ducha (no polideportivo municipal Outeiro de Rei) e aparcamento gratuíto dispoñible. Ao final da proba, @s corredor@s serán invitad@s a uns pinchos.
A entrega de trofeos está prevista no Campo de Santa Isabel ás 14:00 h.

A recaudación irá destinada á Asociación SOMOS Unidos por el Cáncer para afrontar gastos do proxecto Somos Casa.

As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición a través da páxina de Championchip: www.championchipnorte.com









« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .