> Actualidade

09/06/2016 12:05

> PRESENTADA A X EDICIÓN DA FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

Hoxe, ás 11:30 h,  tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a presentación da décima edición da FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI nun acto presidido polo alcalde,  José Pardo Lombao acompañado pola técnica de emprego e desenvolvemento local da entidade e no que estiveron presentes diferentes medios de comunicación.


ALGÚNS DATOS SOBRE A FEIRA:

  • TERÁ LUGAR O SÁBADO  02/07/2016, COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SANTA ISABEL. OS POSTOS ESTARÁN ABERTOS DURANTE TODA A XORNADA  ATA AS 21:00 h.
  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 61 POSTOS  DE ARTESANÍA E  16 DE ALIMENTACIÓN.
    NA SECCIÓN DE ARTESANÍA   PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL,  TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL,  XABÓNS NATURAIS, XOGOS DE ENXEÑO, BIXUTERÍA, ESMALTES, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES, ANTIGÜIDADES, ÓLEO,ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE MEL, PRODUTOS DE PANADERÍA, CERVEXA ARTESÁ,  EMBUTIDOS, MARMELOS,  QUEIXOS, DOCES, ACEITE, CEREIXAS, VIÑOS E LICORES,…
  • O PROGRAMA DA FEIRA INICIASE COA II CARREIRA SOLIDARIA DO CONCELLO DE  OUTEIRO DE REI  ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER, ASOCIACIÓN PRESIDIDA POR JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ, E NA QUE COLABORA O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. ESTÁ PREVISTA A SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO ÁS 10:30 h DOS CORREDORES ADULTOS QUE FINALIZARÁN O PERCORRIDO  NO CAMPO DE SANTA ISABEL; ESTE ANO O TRAZADO DA CARREIRA AUMENTOU PASANDO DE 6 KM A CASE 10 KM. TAMÉN, NO CAMPO DE SANTA ISABEL, DESENVOLVERANSE DÚAS COMPETICIÓNS INFANTÍS POLA MESMA CAUSA.
    AS PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR PODERÁN REALIZAR AS SÚAS INSCRICIÓNS PROXIMAMENTE NA WEB DE CHAMPION CHIP NORTE.
  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: CATRO OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA, BUÑO, SOBER, NIÑODAGUIA E BONXE, ESTARÁN PRESENTES, COMO É HABITUAL, NESTA DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS DO LUTHIER XANECO E DE VARIOS ARTESÁNS MÁIS REPRESENTANDO DIFERENTES OFICIOS (CESTERÍA, CANTERÍA, VIDRO…). TAMÉN ESTARÁN VARIAS FIANDEIRAS PERTENCENTES Á ASOCIACIÓN BOLBORETAS FIANDEIRAS QUE REALIZARÁN FIADO E CARDADO DE LA CON ANIMACIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL A CARGO DO GRUPO RAÍCES DO CAMPO E MEMBROS DA ASOCIACIÓN CORAZÓNS ARTESÁNS CON EXHIBICIÓN DE MACRAMÉ, BOLILLOS…MOITOS POSTOS DA FEIRA CONTRIBUIRÁN TAMÉN Á VISTOSIDADE DA MESMA FACENDO DEMOSTRACIÓN DALGÚN DOS TRABALLOS QUE REALIZAN A COTÍO NA ELABORACIÓN DAS PEZAS QUE DESPOIS VENDEN NESTES MERCADOS.
  • PARALELAMENTE,  A PARTIR DAS 12:00 h,  ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS  DIRIXIDOS A NEN@S E RAPACES/ZAS PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:
    • UN DE BARRO, QUE  SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS E QUE SERÁ  GUIADO POR ELES MESMOS
    • NA RÚA MANUEL MARÍA HABERÁ UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE E NO CAMPO DE SANTA ISABEL SERÁ O ESPAZO QUE ACOLLA OS SEGUINTES OBRADOIROS:
      • DE XOIAS CELTAS
      • ELABORAMOS O NOSO BAÚL CON ELEMENTOS DA NATUREZA
      • XIMKANA DE XOGOS COOPERATIVOS
      • E OBRADOIRO DE XOGO TRADICIONAL (socatira, pita cega, carreira popular de sacos…)

      ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN NA SÚA MAIOR PARTE DIRIXIDAS A UN PÚBLICO INFANTIL CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 5 E OS  12 ANOS E NELAS REPARTIRANSE VARIOS PREMIOS ENTRE OS/AS PARTICIPANTES (MOCHILAS, CAMISETAS…)

    • TAMÉN NO CAMPO DE SANTA ISABEL, HABERÁ POSIBILIDADE DE REALIZAR TREPA E GOZAR CUNHA TIROLESA.
    • UNHA NOVIDADE IMPORTANTE NESTA DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA  É QUE POR PRIMEIRA VEZ OFRECERANSE EN HORARIO DE 16:30 H A 18:30 H, E  DE FORMA GRATUÍTA, PASEOS EN BATUXO POLO RÍO MIÑO.
  • PARA ESE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 12:45 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA SONS E SOÑOS DOS CONCELLOS DE BEGONTE, OUTEIRO DE REI E RÁBADE; ÁS 13:30 h  SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL PENAS DE RODAS QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLE   ÁS 12:00 h DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS  RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL. TAMÉN ESTÁ PREVISTA UNHA EXHIBICIÓN DE BAILE REXIONAL ÁS 19:00 H NA PRAZA DO CONCELLO A CARGO DA ASOCIACIÓN RIO MIÑO DE PORTOMARIN.
  • A PARTIR DAS 13:00 h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS  INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO, HABERÁ A TRADICIONAL DEMOSTRACIÓN DE TRABALLOS FORESTAIS CON MOTOSERRA A CARGO  DA EMPRESA ENTREFOR SC QUE SEGURO SORPRENDERÁ AO PÚBLICO COA REALIZACIÓN DE DIFERENTES PEZAS UTILIZANDO ESTA FERRAMENTA, FIGURAS QUE SERÁN REPARTIDAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE. TAMÉN REALIZARÁ CHARLAS EXPLICATIVAS SOBRE A SEGURIDADE NOS TRABALLOS FORESTAIS.
  • IGUALMENTE, A PARTIR DAS 13:00 h, NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN DE COCHES DA ASOCIACIÓN LUCENSE DE AUTOMÓVILES ANTIGÜOS Y CLÁSICOSE DO CLUB 600 DE LUGOQUE POLA TARDE REALIZARÁN ALGUNHA EXHIBICIÓN.
  • COMO NAS PASADAS EDICIÓNS,  HABERÁ A POSIBILIDADE  DE XANTAR A PARTIR DAS 13:30 h  NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA, ONDE A COMIDA SERÁ SERVIDA POLO RESTAURANTE A PALLOZA OU NO PROPIO CAMPO NAS TRADICIONAIS MERENDAS.                      
  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O  CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE ROBRA E O  SALTO DO PIAGO. O PERCORRIDO FINALIZARÁ COA VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL-MARÍA.
    AS PRAZAS SON  LIMITADAS  POLO QUE PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE GRATUÍTA É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.
  • ÁS 18:30 h, NAS INMEDIACIÓNS DA CAPELA DE SANTA HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN CANINA DE DE OBEDIENCIA E DEFENSA DEPORTIVA, A CARGO  DO GRUPO DE TRABALLO DEPORTIVO FONTAO.
  • AO IGUAL QUE NAS PASADAS EDICIÓNS REALIZARASE UN SORTEO DE 10 PREMIOS DE 50 € CADA UN DELES.
    CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.
    ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO AMPLO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, COA QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO.
    O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 21:30 h   NA CASETA DO CONCELLO SITUADA NAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL.
    ADEMAIS, ESTE ANO O CONCELLO PARA CELEBRAR OS 10 ANOS DESTA FEIRA, SOLICITOU A COLABORACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS  PARTICIPANTES NA MESMA E GRAZAS A ELES, EN HORARIO DE 12:00 H A 21:00 H ESTÁ PREVISTO QUE SE REPARTAN POR TODO O RECORRIDO DA FEIRA POLO MENOS 10 AGASALLOS/HORA ENTRE OS CLIENTES QUE MERQUEN CALQUERA PRODUTO, POLO QUE MERCAR NA FEIRA DE OUTEIRO PODE TER PREMIO.
    A TAL FIN, CADA ESTABLECEMENTO DA FEIRA DOARA UN PRODUTO QUE SERÁ ENTREGADO DIRECTAMENTE POR ELES MESMOS A UNHA PERSOA QUE MERQUE NO MESMO NO HORARIO DETERMINADO POLA ORGANIZACIÓN.
  • NA ZONA DOS OLEIROS, COMO É TRADICIONAL, HABERÁ A DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA, ATA ESGOTAR EXISTENCIAS, DUN PRATO REALIZADO NA OLARÍA DE BONXE  CONMEMORATIVO DA FEIRA.
  • CON ESTA FEIRA DE ARTESANÍA  PRETENDESE IMPULSAR E DAR A COÑECER O TRABALLO DO SECTOR ARTESANAL PERMITINDO PARALELAMENTE PROMOCIONAR A ARTESANÍA LOCAL E A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E TURÍSTICA DO MUNICIPIO.
    DENDE ESTAS LIÑAS, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ANIMA AO PÚBLICO EN XERAL A VIR A UNHA FEIRA ONDE  PODERÁN ATOPAR GRAN VARIEDADE DE PRODUTOS DE  ALTA CALIDADE, TANTO POLAS MATERIAS PRIMAS UTILIZADAS COMO POLA MANUFACTURA, PRODUTOS EXCLUSIVOS E QUE NON SE PODEN MERCAR NORMALMENTE  NOS COMERCIOS HABITUAIS ADEMAIS DE PODER GOZAR DUN DÍA DE VERÁN REPLETO DE POSIBILIDADES PARA O TEMPO DE LECER.
  • O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI DIFUNDIRA ESTE EVENTO TAMÉN A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS  TWITTER (@OuteiroRei) E   FACEBOOK.


- DESCARGAR CARTEL

- PROGRAMA DA FEIRA



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .