> Actualidade

30/05/2016 12:24

> ÁBRESE O PRAZO DE SOLICITUDE NAS INICIATIVAS OUTEIRO MADRUGADOR E OUTEIRO TARDES

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de solicitude para poder participar durante o curso escolar 2016/2017 nas seguintes iniciativas incluídas dentro do Programa Municipal de Conciliación Familiar e Apoio á Educación:

  • OUTEIRO MADRUGADOR e OUTEIRO TARDES

Estas iniciativas están dirixidas a nenos/as a de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Laverde Ruiz e pretenden axudar aos pais/nais que traballan ou que por outras razóns necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos antes e/ou  despois da xornada lectiva.

OUTEIRO MADRUGADOR. Iniciativa que funciona  dende as 8:00 h  ata a entrada dos nen@s no colexio. A cota para poder  beneficiarse deste servizo durante todo o curso escolar está establecida en 40 €/anuais.

OUTEIRO TARDES. Servizo  que funciona en horario de 16:00 h a 20:00 h; a cota para  participar nesta iniciativa é de  15 €/mes a aboar na primeira quincena do mes anterior (a excepción da cota de setembro que se paga en xuño).
Para ser usuario de calquera destas iniciativas é preciso realizar a inscrición e aboar as correspondentes cotas  na biblioteca municipal de Outeiro de Rei en horario de 10:30 h a 13:00 h. O prazo permanecerá aberto  ata o día 15 de xuño.

OUTEIRO LÚDICO. Iniciativa incluída dentro do programa de conciliación familiar promovido polo Concello de Outeiro de Rei. Tratase dun servizo de atención infantil para nenos/as de Outeiro de Rei con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que ten por obxectivo favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos períodos correspondentes ás vacacións escolares de Nadal, S. Santa e verán (no mes de agosto condicionado ao que se di no seguinte parágrafo) estendéndose tamén aos días non lectivos existentes no calendario escolar do CEIP Laverde Ruíz. O  horario de funcionamento deste servizo establecese de 8:00 h a 20:00 h (estes horarios poderán sufrir variacións en función da demanda que exista). A cota a aboar nesta actividade será de 60 € anuais repartidos en 2 prazos. O primeiro a aboar no momento da inscrición (30 €, 1ª quincena de novembro) e o 2º a aboar ata o 15 de xuño.

MES DE AGOSTO. Sempre que exista demanda suficiente,  Outeiro Lúdico poderá funcionar tamén en agosto cunha cota de 30 €.

DÍAS SOLTOS. Nas iniciativas Outeiro Lúdico, Outeiro Tardes e Outeiro Madrugador o Concello de Outeiro de Rei ofrece a posibilidade de utilizar estes servizos, sempre que exista praza, por días soltos; para este suposto a cota será  de 5 €/día.
Igualmente, sempre que exista dispoñibilidade de praza, poderanse incorporar novos usuarios a calquera destas iniciativas fóra dos prazos de inscrición previstos; nestes casos será preciso aboar a totalidade da cota anual establecida para a actividade  a excepción da iniciativa OUTEIRO TARDES onde se pagará a mensualidade completa dende o primeiro mes de incorporación (con independencia da data na que se produza).

Ademais, pensando nas necesidades dos pais/nais con fill@s que se incorporen este curso ao colexio, o Concello de Outeiro de Rei ofrece as seguintes posibilidades para o mes de setembro:

  • Posibilidade de incorporación á iniciativa Outeiro Lúdico ata o inicio do curso escolar. Prezo: 15 €
  • PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Posibilidade de acollemento d@s nen@s en horario de mañá mentres dure o período de adaptación establecido para 4º de Infantil. Prezo:15€.


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .