> Actualidade

27/05/2016 08:59

> OUTEIRO DE REI VISITA ESTA FIN DE SEMANA A MILAGROSA

Dende este venres e ata o 29 de maio, o Concello de Outeiro de Rei estará presente na feira de produtos do campo e da artesanía que terá lugar na Praza Agro do Rolo (Milagrosa).

O obxectivo fundamental que se persegue con esta participación é o de difundir a gran variedade de recursos turísticos e a variedade de posibilidades para o tempo de ocio do noso municipio, localizado a un paso do concello de Lugo.

O derradeiro día da feira celebrarase ás 19:15 h na propia caseta do Concello o sorteo de 3 premios consistentes en tres comidas para dúas persoas no establecemento de hostalería escollido polas persoas afortunadas.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .