> Actualidade

26/05/2016 16:37

> NOVA EDICIÓN DA FESTA DOS NENOS

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o venres día 3 de xuño a décimo oitava Festa dos Nenos, na que nenos e rapaces poderán gozar de forma gratuíta de diferentes inchables, bolas zorb, touro, tobogáns e merenda.

Como remate final, como é tradicional, haberá a festa da escuma, á que se aconsella ir preparados pois a molladura é segura.

Esta cita, tan esperada por moitos, terá lugar na Praza da Vila a partir das 16:30 h ata as 19:00 h.

En caso de mal tempo a celebración trasladarase aos pavillóns municipais e ao pavillón do colexio.




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .