> Actualidade

09/05/2016 12:16

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PROGRAMA UN CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA E VARIAS ACTIVIDADES MÁIS EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA

A banda de música ,  Sons e Soños (dos concellos de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte) realizará un concerto homenaxe a Manuel María  o domingo día 15 de maio  ás 13:30 h. na Praza da Vila ao que están convidadas todas as persoas que desexen asistir.

Paralelamente,  varias actividades máis celebraranse  no colexio:

Manuel María ContaContos, actividade de fomento da lectura para @s nen@s de 4º a 6º de Infantil, na que se lles cantarán versos das obras infantís “ As rúas do vento ceibe” e “ Os soños na gaiola” e tamén se lles contarán contos. Esta actividade terá lugar o venres 13 de maio ás 11:50 h e  o día 22 de xuño, igualmente dentro da xornada lectiva do CEIP.

Tamén @s nen@s do grupo de  danza tradicional do Concello de Outeiro de Rei e o grupo de pandeireta da ANPA Laverde Ruiz queren lembrar ao autor de Outeiro de Rei coa representación de varios bailes e pandereitadas no pavillón do Colexio Público, actuacións que terán lugar o 13 de maio ás 15:00 h.

Descargar cartel



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .