> Actualidade

29/04/2016 12:39

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA

O Concello de Outeiro de Rei organiza a décima edición da feira de artesanía que terá lugar como é habitual o primeiro sábado do mes da sega, o día 2 de xullo.

Ao igual que nas edicións anteriores, na feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a partir do día 2 de maio ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 h a 14:00 h.

O Concello de Outeiro de Rei ofrece aos expositores admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo).

Este importante evento para Outeiro de Rei sirve para apoiar á produción artesanal local, ao comercio e á hostalería municipal, dando a coñecer ademais os recursos e atractivos turísticos deste municipio.
Esta iniciativa ábrese tamén á participación doutros artesáns de Galicia e de fóra da CCAA e a expositores de produtos de alimentación de calidade; todos eles precisan deste tipo de eventos para darse a coñecer e comercializar os seus produtos. De feito, o importante escaparate de produtos que se poden atopar nesta feira, permite ás persoas que veñen visitala mercar artigos que moitas veces son difíciles de obter no seu entorno cotiá.

Á hora de obter posto valorase a dedicación profesional á actividade artesanal ou alimentaria. Neste sentido, terán prioridade de acceso á sección de artesanía os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, non sendo de aplicación este requisito para as persoas que desexen participar e que estean empadroadas en Outeiro de Rei.
Igualmente, pretendese que na feira exista o maior número de oficios artesanais representados e valorase a calidade dos produtos, a presentación dos postos e a colaboración co Concello na realización de demostracións e talleres.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .