> Actualidade

19/04/2016 09:30

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA INICIATIVA SOMOSCHEF

O Concello de Outeiro de Rei colabora coa Asociación Somos Unidos por el Cáncer na posta en marcha da iniciativa somoschef coa que se pretende ensinar a cociñar de forma lúdica pratos sinxelos de  cociña saudable e paralelamente recadar fondos para colaborar nos fins sociais da entidade organizadora relacionados coa  loita contra o cancro.

somoschef  é unha iniciativa aberta á participación de calquera  nen@ ou rapaz con idades comprendidas entre 3  e 14 anos que terá lugar no pavillón municipal de deportes de Outeiro de Rei o sábado 14 de maio.

Para poder participar é necesario reservar praza no tfno.: 699 925 296; a cota de inscrición é de 3 € que deberán aboarse o mesmo día da actividade (sábado 14 de maio) antes das 16:45 h, momento no que tamén se lles  entregará o  material necesario para realizar a súa labor como cociñeir@s.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 2 de maio pero dado que as prazas son limitadas recoméndase  reservar praza canto antes. (+INFO: https://www.facebook.com/Somosupec).

- Descargar cartel




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .