> Actualidade

18/04/2016 13:23

> O DÍA 30 DE ABRIL REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

O día 30 de abril remata o prazo de solicitude de admisión e reserva de praza para o curso 2016/2017 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Os país ou titores de nenos/as que desexen acceder á opción que lles corresponda (reserva ou nova solicitude), deberán cubrir o modelo normalizado establecido a tal efecto que poderán obter a través desta Web municipal, na Escola Infantil Municipal ou no Concello de Outeiro de Rei.

A lista provisional de admitidos e excluídos darase a coñecer aproximadamente a mediados de maio.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .