> Actualidade

18/04/2016 12:36

> PROXIMAMENTE ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN

O Concello de Outeiro de Rei organiza os CAMPAMENTOS URBÁNS que se realizaran  do 4 ao 8 de xullo  para nen@s de 4 a 7 anos e do 11 ao 15 de xullo para  nen@s de 8 a 12 anos.

Ofértanse un total de 25 prazas  por campamento que serán cubertas por  orde de inscrición (terán preferencia @s nen@s empadroados no concello e os alumnos do colexio con respecto aos de fóra).

O  prazo para anotarse permanecera aberto dende o día  2  ao 31 de maio ou ata cubrir prazas. A cota a pagar para  participar nesta iniciativa é de 40 € sen comida ou de 45 € con comida,  que deberan aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Entre as actividades a realizar nestes campamentos destacan: piragüismo, visita ao parque acuático de  Cerceda, día de praia,  multitude de xogos e talleres…

Poden reservarse as prazas ou recibir máis información nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:30 h  ou chamando ao 982 393 408.      

- DESCARGAR CARTEL



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .