> Actualidade

15/04/2016 13:04

> MULTIAVENTURA EN VIVEIRO

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de solicitude do MULTIVAVENTURA EN VIVEIRO que se realizará do 27 ao 29 de xuño.

Para esta actividade ofértanse un total de 20 prazas destinadas a  rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO, prazas que se cubrirán  por  orde de inscrición (terán preferencia os rapaces empadroados no municipio con respecto aos de fóra).

O prazo para anotarse permanecera aberto  do 2  ao  31 de maio ou ata cubrir as prazas.

O custo deste campamento é de 70 €/persoa que inclúe  albergue,  comida  e  actividades programadas (piragüismo, tirolina, bodyboard,  paint ball etc), cota que deberá aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.

DESCARGAR CARTEL



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .