> Actualidade

01/04/2016 13:08

> CURSO PREPARATORIO DAS PROBAS LIBRES DE GRADUADO EN ESO

O  Concello de Outeiro de Rei organiza un curso de  PREPARACIÓN PARA AS PROBAS LIBRES DE GRADUADO EN ESO.
A finalidade desta formación é a de preparar ás persoas participantes para a superación das probas libres para maiores de 18 anos que convoca a Xunta de Galicia para a obtención de dita titulación; paralelamente, está previsto que a formación que reciban lles posibilite presentarse, se así o estiman, ás probas de competencias clave de nivel 2 ou de nivel 3 que convoca a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
As persoas interesadas en participar poder realizar a súa inscrición ou recibir máis información no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei ou chamando ao 982 393 382/982 393 281. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 20 de abril.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .