> Actualidade

28/03/2016 17:11

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA UN CURSO DE MANIPULACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITAIRIOS

O Concello de Outeiro de Rei organiza un curso presencial de MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS (NIVEL BÁSICO) no que poderá participar calquera persoa interesada.
Este curso terá unha duración total de 27 h distribuídas da seguinte forma:
MÓDULO 1. PRODUTOS FITOSANITARIOS (3 HORAS)
MÓDULO 2. SAÚDE E PREVENCIÓN (5 HORAS)
MÓDULO 3. ASPECTOS NORMATIVOS (2 HORAS)
MÓDULO 4. PRAGAS E ENFERMIDADES DOS CULTIVOS. MANEXO INTEGRADO DE PRAGAS. PRODUCIÓN INTEGRADA E ECOLÓXICA (6 HORAS)
MÓDULO 5. MAQUINARIA E PRÁCTICAS DE APLICACIÓN (6 HORAS)
PRÁCTICAS DE APLICACIÓN (3 HORAS)
EXAME (2HORAS)

A superación do exame dará dereito á obtención do carné de manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico.
O prezo por persoa é de 70 € + 8,83 € para dereitos de exame; as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei terán unha redución do 50%  do custo da matricula polo que pasarán a pagar  35 €+ 8,83 de taxas.
Está previsto que esta actividade se realice no Centro Cultural de Robra os días: sábado 30 de abril en horario de 10:00 a 14:00 h e de 15:30 h a 18:30 h; domingo 1 de maio en horario de 10 a 14:00 h e os días 2,3,4 e 5 en horario de 15:30 h a 19:00 h. O derradeiro día do curso, o venres 6, o horario do mesmo será de 16:00 a 18:00 h.
Ofértanse un total de 30 prazas que serán cubertas por orde de inscrición, chamando ao 982 393 382 ou no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei; o prazo de solicitudes remata o día 18 de abril.
Á hora de cubrir as prazas ofertadas terán preferencia as persoas empadroadas neste municipio; para que se poida realizar este curso é imprescindible un mínimo de 20 inscricións.

>> Descargar cartel



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .