> Actualidade

14/03/2016 17:04

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A partir do día 15 de marzo e ata o 30 de abril, ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2016/2017 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados no Centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na gardería no próximo curso.

Paralelamente, os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar  deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos  hai  modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei  e a través desta web municipal accédese aos impresos dende esta nova, tamén dende www.outeiroderei.org/taboleiroedictos.php  ou pinchando  no banner que aparece na pantalla de inicio destinado á Escola Infantil Municipal.

·  SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA EIM DE OUTEIRO DE REI,  CURSO 2016/2017

·  SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2016/2017








« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .