> Actualidade

14/03/2016 10:38

> QUEDAN PRAZAS LIBRES NOS CURSOS DE COSTURA E DE HORTA SOSTIBLE

Ambas actividades, incluídas nas Actividades de Promoción da Muller 2016, están previsto que teñan lugar a partir do mes de abril; neste momento  hai prazas dispoñibles e pode acceder ás mesmas calquera persoa interesada.

Por un lado, o curso de COSTURA PARA NAIS E FILL@S (confección de monecas Tilda e moito máis) está previsto que se imparta os sábados a partir do 16 de abril en horario de 16:30 a 18:30 h.

Neste curso pode participar calquera persoa que o desexe pero quérese facilitar a asistencia a mulleres con fillos/fillas sempre que estes teñan 6 anos ou máis; os nenos e nenas poderán realizar traballos acorde coas súas capacidades. Para o resto de participantes proponse un taller de confección de monecas Tilda, taller no que igualmente poderán  realizar outros traballos (dende coser un botón, coller un baixo a unha prenda ou  reciclar roupa usada; calquera traballo que se lle poida ocorrer á persoa interesada na actividade).

Por outro lado, o CURSO DE HORTA SOSTIBLE esta previsto que se imparta a partir do día 19 de abril  os martes e xoves en horario de 16:30 a 18:30 h. Tratase dun curso teórico-práctico no que se verá dende a preparación do terreo á colleita dalgúns dos produtos sementados, a preparación de semilleiros, o control de enfermidades con remedios naturais que non danan o horto, os coidados e mantemento da horta...

Ao remate do curso, as persoas que o soliciten terán  posibilidade de acceder gratuitamente a unha horta municipal na que cultivar os seus propios produtos.

A cota a pagar en calquera das dúas actividades é de 20 €  e pódese acadar máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei.



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .