> Actualidade

10/03/2016 00:00

> O CONCELLO CELEBROU O DIA DA MULLER CUNHA CHARLA SOBRE SAÚDE

No Día Internacional da Muller, a doutora Isabel Ferreiro Cadahía, especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública impartiu na Casa da Cultura de Outeiro de Rei a charla titulada Prevención da enfermidade. Consellos para unha vida saudable.

Durante algo máis de dúas horas e media tratou, sempre dende o punto de vista da prevención,  temas como as enfermidades crónicas máis frecuentes, enfermidades cardiovasculares, diferentes tipos de cancro, vacinas (nas mulleres embarazadas, nas viaxes…), a obesidade, a interpretación das analíticas…

A dobre ou tiple xornada que desempeñan moitas mulleres, motivada en gran parte polo conflito de roles e as diferentes esixencias sociais repercute negativamente na súa saúde. Sen esquecer, nunha data tan sinalada, a lacra da violencia de xénero ou a discriminación laboral (no acceso ao emprego, nas retribucións, no grado de ocupación…).

 













Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .