> Actualidade

25/02/2016 12:50

> PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2016

O Servizo de Prevención de Drogodependenias e outras condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade en colaboración coa AECC, informa aos seus veciños da vindeira edición do Programa de Deshabituación Tabáquica 2016 destinada todas aquelas persoas que desexen abandoar a adición ó tabaco.
Esta actividade desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño nunha sesión semanal dunha hora de duración durante 7 semanas consecutivas e outras 3 sesións distribuídas nos meses de maio e xuño.
O programa será completamente gratuíto, aínda que dende a AECC esixirase un depósito de 20€ por participante que serán íntegramente devoltos a todos aqueles que acadasen unha asistencia mínima a 7 das 10 sesións que ocupa o programa.
Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:

  • Luns                Concello de Xermade:                982.501.001
  • Martes             Concello de Outeiro de Rei:        982.370.109
  • Mércores                     Concello de Begonte:                 982.396.012
  • Xoves              Concello de Guitiriz:                  982.393.281
  • Venres                         Concello de Rábade:                 982.390.062

Se desexas participar, deberás entregar a folla de inscrición que se acompaña cuberta nalgún dos concellos da agrupación ata o 23 de marzo. O lugar e horario do programa fixarase en función das preferencias das inscricións recibidas. Respectarase a orde de inscrición (prazas limitadas).

- Descargar folla inscrición

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .