> Actualidade

18/02/2016 12:37

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CHARLA PREVENCIÓN DA ENFERMIDADE. CONSELLOS PARA UNHA VIDA SAUDABLE.

O 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h a charla Prevención da enfermidade. Consellos para unha vida saudable impartida pola doutora Isabel Ferreiro Cadahía, especialista en medicina preventiva e saúde pública.

Aínda que pode acceder á mesma calquera persoa interesada, as persoas que se inscriban con anterioridade, ata un máximo de 40, terán dereito a un diploma acreditativo emitido polo SERGAS. Nese caso deberán realizar a súa solicitude  accedendo á  web da Escola Galega de Saúde, localizando a citada actividade dentro do apartado de cursos presenciais (listado de cursos e obradoiros) [http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga] Pódese tramitar esta solicitude tamén na Casa da Cultura de Outeiro de Rei (982 393 408).

Finalizada a charla, haberá unha degustación gratuíta de doces caseiros.



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .