> Actualidade

05/02/2016 22:26

> O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER PREVISTAS PARA O PRIMEIRO SEMESTRE DESTE ANO

Hoxe tivo lugar a presentación das Actividades de Promoción da Muller 2016 nun acto presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e persoal técnico do Concello de Outeiro de Rei.

A 16ª edición desta tradicional programación oferta a través de 8 actividades un total de 152 prazas; tamén hai outras actividades, entre elas a celebración do Día da Muller , que son iniciativas abertas ao público en xeral polo que a participación prevista é maior.

Finalizada a presentación abriuse o prazo de inscrición ata o día 26 de febreiro para as seguintes actividades:

- CURSO CON VIMBIO VIVO

Curso intensivo de 16 h repartidas en 2 días, impartido en Cela pola cesteira IDOIA CUESTA no se se vai a introducir ás participantes nas diferentes posibilidades que ofrece o vimbio vivo para a realización de estruturas tecidas vivas; o primeiro dos días dedicarase a plantar vimbio nunha maceta, o vimbio irá tecido creando un efecto decorativo: o 2º día realizarase unha sebe.

Recoméndase levar  roupa de traballo adecuada e guantes; o resto de material que se precisa (o vimbio, unha maceta grande, a terra e unhas  bridas) serán proporcionadas ás persoas participantes nesta iniciativa.

- INTERNET E REDES SOCIAIS (trámites on line, seguridade dixital, redes sociais…)

As persoas que participen neste curso iniciarán a formación recibindo nocións básicas de internet, do uso do correo electrónico, do uso de diferentes navegadores, a seguridade en internet (  uso do DNI-e, de certificados dixitais, ferramentas para manter ben o ordenador…) para despois ver algúns trámites que se poden realizar on line como a declaración da renda, a solicitude de cita previa na AEAT ou na Seguridade Social, como pagar unha multa de tráfico ou presentar unha denuncia…

A parte central deste curso xirara entorno ás redes sociais máis coñecidas, como Facebook, Twitter, Linkedin, Pinterest, Instagram…

- COSTURA PARA NAIS E FILL@S (confección de monecas Tilda e moito máis)

Actividade impartida por Rosa  Vila, veciña de Outeiro de Rei que leva toda a súa vida profesional dedicada á costura.

Neste taller as nais poderán levar aos seus  fill@s sempre que teñan 6 anos ou máis; os nenos e nenas poderán realizar traballos acorde coas súas capacidades e para as nais proponse un taller de confección de monecas Tilda, taller no que igualmente, atendendo aos seus intereses,  poderán  realizar outros traballos como o amaño e a reciclaxe de roupa ou calquera outro proxecto no que teñan interese.

- CURSO DE HORTA SOSTIBLE

Curso teórico-práctico no que se verá dende a preparación do terreo á colleita dalgúns dos produtos sementados, a preparación dos semilleiros, o control de enfermidades con remedios naturais que non danan o horto, os coidados e mantemento da horta, a asociación de cultivos favorables,  a fertilización do solo, que se pode plantar atendendo ao momento… Ao remate do curso as persoas interesadas terán  posibilidade de acceder a unha horta municipal.

O curso de informática básica está aberto á participación dos homes; o resto de actividades citadas van dirixidas ás mulleres aínda que se rematado o prazo de inscrición quedan prazas libres, estas poderán ser cubertas por homes.

Igualmente, durante a presentación informouse que este ano, coincidindo co Día Internacional da Muller,  Isabel Ferreiro Cadahía, experta en medicina preventiva e saúde pública no Sergas impartirá a charla titulada Prevención da enfermidade. Consellos de saúde.

 

Esta charla porase en marcha en colaboración co SERGAS  a través da Escola de Saúde promovida pola citada institución e aínda que calquera persoa interesada poderá asistir, as persoas que se inscriban  con anterioridade á celebración da mesma recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia emitido polo SERGAS e material promocional. En breve difundiranse os prazos e modo de inscrición.

Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno.: 982 393 408.

Descarga o programa



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .