> Actualidade

19/01/2016 12:32

> CONCURSO DE DISFRACES EN OUTEIRO DE REI

Con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2016, o Concello de Outeiro de Rei organiza por XVIII ano consecutivo o CONCURSO DE DISFRACES.

Esta tradicional celebración terá lugar o día 7 de febreiro (domingo de entroido) a partir das 17:00 h  na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizada polo Grupo PK2.

Xa están á disposición nesta web municipal as bases do concurso así como as follas de inscrición no mesmo; as persoas interesadas poden inscribirse do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro na Casa da Cultura en horario de 10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día do concurso en horario  de 17:00 h a 18:00 h.

Os 1960 € de premios repártense da seguinte forma:                                                  

<

 COMPARSA

1º PREMIO:     400 Euros
2º PREMIO:     300 Euros
3º PREMIO:     200 Euros

 PARELLAS

1º PREMIO:     200 Euros
2º PREMIO:     120 Euros

 INDIVIDUAL

1º PREMIO:     150 Euros
2º PREMIO:     100 Euros

 INFANTIL

1º PREMIO:     150 Euros
2º PREMIO:     100 Euros

Este ano contamos ademais con tres premios especiais que son :

Premio especial do xurado para as comparsas infantís de Outeiro de Rei  de 100 €, para poder participar nesta categoría o 90% dos compoñentes  da comparsa debe estar empadroado neste concello e ser menores de 15 anos.
E dous premios especiais  a maiores por un importe de 90 € e 50 € cada un , para  o resto de categorías se  o xurado o considera necesario.

- Descargar bases do concurso

- Descargar folla de inscrición

- Descargar cartel



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .