> Actualidade

16/12/2015 13:16

> PRÓXIMAS ACTUACIÓNS DA ESCOLA DE MÚSICA

O vindeiro venres 18 de decembro  ás 18.30 h  terá  lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei o FESTIVAL DE NADAL  das escolas de música de Outeiro, Rábade e Begonte  no que  @s alumn@s das mesmas interpretarán diversas pezas.  A este acto poderá asistir todo  o público que así o desexe ademais dos pais e nais dos participantes. 

O luns  21 de decembro e dentro da programación de Nadal,  terá lugar no salón de actos do residencial GERIATROS LUGO de Outeiro de Rei o Concerto da Banda de Música das citadas escolas; esta actuación será  ás 17:00 h, e igualmente estará aberta ao público en xeral.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .