> Actualidade

22/12/2015 12:46

> FESTA DE REIS EN OUTEIRO DE REI

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei con motivo das datas de Nadal organiza  o día 5 de xaneiro  a FESTA DE REIS, que dará comezo ás 18:00 h   coa  actuación do Mago David no Salón de Actos da Casa da Cultura.

Ao rematar a actuación de maxia, sobre as 19:00 h,  terá lugar unha festa- merenda con roscón e lambetadas varias á que están convidados todos os nenos e nenas do municipio.

Posteriormente, sobre as  19:45 h,  terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis que comezará  visitando aos maiores na residencia de Outeiro de Rei (Geriátricos del Principado SA) e chegará ao pavillón do Colexio  Público para repartir  agasallos aos máis pequenos.

@s pais ou nais que así o desexen poderán  levar os regalos dos seus fillos  á Casa da Cultura ( xunto ao colexio)  a semana do 28  de decembro ao 5 de xaneiro  en horario de oficina; tamén recolleranse  o mesmo día durante toda a mañá e de 4 a 7 da tarde. Estes regalos serán   entregados polos Reis na mencionada festa.

Pódese recibir máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 408.



DESCARGAR CARTEL

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .