> Actualidade

25/11/2015 09:01

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este mércores, día 25 de novembro, conmemorase o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.

A data de hoxe constatase que no que vai de ano, e segundo cifras do Ministerio de Sanidade, Servizos  Sociais e Igualdade,  48 mulleres morreron de forma violenta a mans das súas parellas ou exparellas; en moitos casos, en presenza dos seus fillos e das súas fillas. Na nosa sociedade é IMPOSIBLE ENTENDER NIN XUSTIFICAR ESTA ATROZ BARBARIE.

Dende estas liñas, o noso recordo está con esas mulleres e coas ás súas familias e amizades. Igualmente,  o noso apoio incondicional para calquera muller que sofre calquera tipo de maltrato; DO TÚNEL DA VIOLENCIA PÓDESE SAÍR.

Moitas mulleres non se atreven a denunciar e sofren en silencio; lembrar que todas as persoas que formamos parte desta sociedade temos a obriga de denunciar, facendo visible calquera situación de risco ou de violencia que coñezamos.

A Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller das Nacións Unidas recolle que a violencia de xénero é toda agresión física, psicolóxica ou sexual, incluídas as ameazas, coaccións e a privación de liberdade, tanto si se produce na vida pública como na privada, polo feito de ser muller.

TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Teléfono da muller de Galicia

900 400 273

Atención a vítimas de malos tratos

016

Teléfono de urxencias

112

Traballadora social do Concello
de Outeiro de Rei

982 393 281



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .