> Actualidade

13/10/2015 17:41

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PRESENTA A PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE INVERNO PARA A TEMPADA 2015/2016

O vindeiro venres día 23 de outubro terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura ás 21:00 h a PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DE INVERNO deportivas, culturais, da oficina de información xuvenil e do servizo de prevención do Concello de Outeiro de Rei para a tempada 2015-2016.
No mesmo acto realizarase a presentación do novo proxecto de Escola Municipal de Música que xorde da unión das escolas de Begonte, Rábade e Outeiro de Rei, co que se prevé levar a cabo un ambicioso proxecto musical conxunto único en Galiza, nado da colaboración dos tres Concellos.
Posteriormente, abrirase o prazo de inscrición nas actividades ofertadas, podendo anotarse todas as persoas interesadas.
Como remate do acto e ao igual que en anos anteriores, terá lugar no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz un MAGOSTO POPULAR acompañado de pinchos variados que contará coa actuación do grupo tradicional TIRAPADIANTE e ao que están convidados todos os veciños e veciñas do municipio.

Descargar cartel

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .