> Actualidade

15/09/2015 12:09

> ONTE REMATOU O PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO

Durante cinco días dezaseis mozos e mozas de Outeiro de Rei viviron unha experiencia única que lles permitiu aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:

- ÁREA 507.  Venda ao por menor de carburante, tenda, restaurante e servizo de vixilancia de camións 24 h.
- GARATUXA. Residencia de mascotas
- IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL. Venda ao por maior de material escolar, artigos e máquinas de oficina e informática.
- INGAPAN S.L.U.Fabricación e venda ao por maior de empanadas e empanadillas cocidas, envasadas e etiquetadas.
- LASERLUCUS, S.L.U.Taller de grabado e corte por láser.
- MARCELLE NATUREZA. Parque natural de animais.
- OLERÍA DE BONXE. Elaboración de pezas artesanais de olería tradicional.
- PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e bollería.
- XARDINERÍA SANTA ISABEL. Traballos de xardinería en xeral e mantementos. Instalacións de rego automático.

Ademais destas  empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller: Ben Alonso, SL , Restaurante-Pensión González,  Fulgencio Casás Lombao, Corporación Alimentaria Peñasanta, SA e Escayolas Atlántico, SL.
Estas empresas foron un piar fundamental desta iniciativa; o outro, evidentemente, o foron  @s 16 moz@s participantes na mesma que responderon con entusiasmo a este compromiso.

As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi moi valorada por todos eles.

Para completar o programa, onte realizouse unha visita á Fundación CEL onde foron recibidos por Rodolfo Ojea que tratou,  entre outros aspectos,  dos servizos que ofrece esta entidade aos emprendedores, ademais de realizar un percorrido polas instalacións e de completar esta visita cun encontro con promotores de dúas interesantes iniciativas empresariais: Miramar Cruises e estati.

Finalmente, os rapaces foron recibidos no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao, que mantivo un intercambio de impresións e houbo unanimidade á hora de manifestar que todos eles repetirían esta experiencia;   a continuación, realizouse a entrega de MP4 e o sorteo de dúas tablets, sendo os premiados no mesmo Arturo Fernández Arias e Christian Segade López.

Esta iniciativa foi subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar e o propio Concello de Outeiro de Rei.








































« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .