> Actualidade

31/07/2015 00:00

> VECIÑOS DE OUTEIRO DE REI DESCOBREN O SEU MUNICIPIO

Este mércores un grupo de 18 veciños e veciñas participaron na iniciativa Descubrindo Outeiro de Rei.

Tras ser recibidos no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao, emprenderon ruta cara á factoría de Larsa (Corporación Alimentaria Peñasanta) en Robra, onde fixeron un percorrido polas instalacións desta fábrica asentada hai décadas en Outeiro de Rei; moitos dos participantes na visita puideron ver in situ a evolución e os cambios experimentados nas súas instalacións pois varios varios deles traballaron na mesma hai anos cando a empresa era coñecida como Arjeriz.

Tras comer no espazo natural do Campo de Santa Isabel, continuaron a excursión visitando o parque de Marcelle Natureza onde gozaron dun espazo natural impresionante vendo animais moi variados, entre eles un osiño de apenas 6 meses que atraeu as miradas de todo o público presente.

O recorrido finalizou cunha parada no Salto do Piago.

Esta iniciativa, que organiza o Concello de Outeiro de Rei por segundo ano consecutivo, está incluída dentro da programación para persoas maiores 2015. A próxima saída dentro desta programación será o día 6 de agosto no que se visitará o Parque Europa e as festas de María Pita na Coruña.

































« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .