> Actualidade

17/07/2015 09:56

> PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO

O Concello de Outeiro de Rei, en colaboración con varias empresas asentadas no municipio e coa Consellería de Traballo e Benestar, quere poñer en marcha o programa DESEÑANDO O TEU FUTURO, iniciativa destinada (segundo o proxecto presentado polo Concello e subvencionado en parte pola citada Consellería), a mozos e mozas con idades comprendidas entre 16 e 18 anos.

O obxecto desta iniciativa  é  que @s moz@s deste concello poidan aproximarse ao ámbito socio-laboral facilitándolles unha experiencia que lles permita decidir na súa traxectoria formativa e profesional. A tal fin, está previsto que do 7 ao 11 de setembro as persoas beneficiarias do proxecto realicen visitas-estadías non remuneradas en empresas que van colaborar desinteresadamente nesta iniciativa e que están asentadas en Outeiro de Rei (en horario de mañá, 4 h/día, exceptuando dúas empresas).

Durante 5 días, as persoas participantes nesta iniciativa acudirán no horario convenido á empresa escollida e levaran a cabo unha serie de tarefas, acordadas coa mesma e sempre baixo supervisión da persoa designada pola empresa que a súa vez estará en contacto coa técnica de emprego e desenvolvemento local municipal.

A finalidade destas estadías é a adquisición de  competencias, habilidades e cualificacións que complementen o  desenvolvemento persoal e a  formación.

Os desprazamentos á empresa seleccionada correrán a cargo dos participantes que recibirán a tal fin una axuda de 6 €/día.

As estadías na empresa seleccionada complementaranse coa realización na tarde do luns día 14 dunha visita ao viveiro de empresas da Fundación Cel en Lugo; neste caso o desprazamento será organizado polo Concello de Outeiro de Rei e realizarase en autocar. Ao remate desta visita todos os participantes recibirán un MP4 e participarán no sorteo de dúas tablets.

O número de prazas que se ofertan nesta convocatoria é de 20 que están a ser cubertas por orde de inscrición, momento no que as persoas interesadas seleccionan a empresa de realización das estadías segundo a relación de empresas acolledoras facilitada a través de carta personalizada remitida en datas recentes a todos os mozos e mozas do municipio con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos.

Pódese recibir máis información ou realizar a solicitude no Servizo de emprego e desenvolvemento local do Concello de Outeiro de Rei ou chamando ao 982 393 382.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .