> Actualidade

10/06/2015 12:11

> PRESENTADA A IX EDICIÓN DA FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

HOXE, ÁS 12:00 H, TIVO LUGAR NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO A PRESENTACIÓN DA NOVENA EDICIÓN DA FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI NUN ACTO PRESIDIDO POLO ALCALDE, JOSÉ PARDO LOMBAO ACOMPAÑADO POLA TÉCNICA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DA ENTIDADE E NO QUE ESTIVERON PRESENTES DIFERENTES MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

ALGÚNS DATOS SOBRE A FEIRA:
  • TERÁ LUGAR O SÁBADO 04/07/2015, COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SANTA ISABEL. OS POSTOS ESTARÁN ABERTOS DURANTE TODA A XORNADA ATA AS 21:00 H.


  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 63 POSTOS DE ARTESANÍA E 20 DE ALIMENTACIÓN, TAMÉN HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN DA GALIÑA DE MOS.
    NA SECCIÓN DE ARTESANÍA PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL, TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL, XABÓNS NATURAIS, XOGOS DE ENXEÑO, BIXUTERÍA, ESMALTES, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES, ANTIGÜIDADES, ACUARELA,ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE MEL, PRODUTOS DE PANADERÍA, CERVEXA ARTESÁ, EMBUTIDOS, MARMELOS, QUEIXOS, DOCES, ACEITE, CEREIXAS, VIÑOS E LICORES...


  • ESTE ANO, O PROGRAMA DA FEIRA INICIASE COA I CARREIRA POPULAR OUTEIRO DE REI CONTRA O CANCRO INFANTIL ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER, ASOCIACIÓN PRESIDIDA POR JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ, E NA QUE COLABORA O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. ESTÁ PREVISTA A SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO ÁS 10:30 h DOS CORREDORES ADULTOS QUE FINALIZARÁN UN PERCORRIDO DE CASE 6 KM NO CAMPO DE SANTA ISABEL, ESPAZO ONDE TAMÉN HABERÁ DÚAS COMPETICIÓNS INFANTÍS POLA MESMA CAUSA.
    ESTA ASOCIACIÓN DISPORÁ TAMÉN DUN ESPAZO DENTRO DA FEIRA PARA A VENDA DE PRODUTOS, OS FONDOS QUE SE RECADEN SERÁN DESTINADOS Á LOITA CONTRA O CANCRO.


  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: AS CATRO OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA (BUÑO, SOBER, NIÑODAGUIA E BONXE) ESTARÁN PRESENTES NESTA NOVENA EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS DUN FERREIRO, VARIOS CESTEIROS, DESTACANDO O TALLER QUE LEVARÁ A CABO A CESTEIRA LOCAL IDOIA CUESTA, PREMIO NACIONAL DE ARTESANÍA E QUE ESTE ANO CENTRARÁ A SÚA DEMOSTRACIÓN NA REALIZACIÓN DUNHA ESTRUTURA DECORATIVA UTILIZANDO VIMBIO, OBRADOIRO NO QUE PODERÁ PARTICIPAR CALQUERA PERSOA INTERESADA. ADEMAIS HABERÁ UN TECELÁN, VARIAS FIANDEIRAS PERTENCENTES Á ASOCIACIÓN BOLBORETAS FIANDEIRAS QUE REALIZARÁN FIADO E CARDADO DE LA CON ANIMACIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL OU MEMBROS DA ASOCIACIÓN CORAZÓNS ARTESÁNS…MOITOS POSTOS DA FEIRA CONTRIBUIRÁN TAMÉN Á VISTOSIDADE DA MESMA FACENDO DEMOSTRACIÓN DALGÚN DOS TRABALLOS QUE REALIZAN A COTÍO NA ELABORACIÓN DAS PEZAS QUE DESPOIS VENDEN NESTES MERCADOS.


  • PARALELAMENTE, A PARTIR DAS 12:00 h, ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS DIRIXIDOS A NEN@S E RAPACES/ZAS PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:
    • UN DE BARRO, QUE SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS E QUE SERÁ GUIADO POR ELES MESMOS
    • NA RÚA MANUEL MARÍA HABERÁ UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE E NO CAMPO DE SANTA ISABEL SERÁ O ESPAZO QUE ACOLLA OS SEGUINTES OBRADOIROS:
      • DE CARETAS
      • DE XOGOS COOPERATIVOS (que o baile, globo arriba, que non caia o balón!, cadeiras musicais cooperativas, a illa…
      • DE XOGO TRADICIONAL (a ra, a chave, carreira popular de sacos…)
      ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN NA SÚA MAIOR PARTE DIRIXIDAS A UN PÚBLICO INFANTIL CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 5 E OS 12 ANOS.
    • TAMÉN NO CAMPO DE SANTA ISABEL, HABERÁ POR TERCEIRO ANO UNHA TIROLESA.


  • PARA ESE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 12:45 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA; ÁS 13:30 h SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL PENAS DE RODAS QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLE ÁS 12:00 h DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL.


  • A PARTIR DAS 13:00 h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO, ESTÁ PREVISTA UNHA DEMOSTRACIÓN DE TRABALLOS FORESTAIS CON MOTOSERRA A CARGO DA EMPRESA ENTREFOR SC QUE SEGURO SORPRENDERÁ AO PÚBLICO COA REALIZACIÓN DE DIFERENTES PEZAS UTILIZANDO ESTA FERRAMENTA, FIGURAS QUE SERÁN REPARTIDAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE. TAMÉN REALIZARÁ CHARLAS EXPLICATIVAS SOBRE A SEGURIDADE NOS TRABALLOS FORESTAIS.


  • IGUALMENTE, A PARTIR DAS 13:00 h, NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN DE COCHES DA ASOCIACIÓN LUCENSE DE AUTOMÓVILES ANTIGÜOS Y CLÁSICOS E DO CLUB 600 DE LUGO.


  • COMO NAS PASADAS EDICIÓNS, HABERÁ A POSIBILIDADE DE XANTAR A PARTIR DAS 13:30 h NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA, ONDE A COMIDA SERÁ SERVIDA POLO RESTAURANTE A PALLOZA OU NO PROPIO CAMPO NAS TRADICIONAIS MERENDAS.


  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE FRANCOS, O SALTO DO PIAGO NA PARROQUIA DE ROBRA. O PERCORRIDO FINALIZARÁ COA VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL-MARÍA. AS PRAZAS SON LIMITADAS POLO QUE PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE GRATUÍTA É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.


  • ÁS 18:30 h, NAS INMEDIACIÓNS DA CAPELA DE SANTA ISABEL E DURANTE UNHA HORA E MEDIA APROXIMADAMENTE HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN CANINA DE AGILITY, DOG FRISBEE E TRUCOS CANINOS, A CARGO DA ENTIDADE AGILITY TEOCAN. NESTA EXHIBICIÓN PARTICIPARÁN MÁIS DE 20 CANS DE DIFERENTES RAZAS


  • AO IGUAL QUE NA PASADA EDICIÓN REALIZARASE UN SORTEO QUE NESTA EDICIÓN SERÁ DE 10 PREMIOS DE 50 € CADA UN DELES.CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO AMPLO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, COA QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO.O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 21:00 h NA CASETA DO CONCELLO SITUADA NAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL. PÓDENSE CONSULTAR AS BASES EN www.outeiroderei.org


  • NA ZONA DOS OLEIROS, COMO É TRADICIONAL, HABERÁ A DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA, ATA ESGOTAR EXISTENCIAS, DUN PRATO REALIZADO NA OLARÍA DE BONXE CONMEMORATIVO DA FEIRA.


  • O PECHE DA FEIRA TERÁ LUGAR ÁS 21:00 h DANDO PASO POLA NOITE ÁS ACTUACIÓNS PREVISTAS CON MOTIVO DAS FESTAS DE SANTA ISABEL.


  • CON ESTA FEIRA DE ARTESANÍA QUE CUMPRE NOVE ANOS DE VIDA, PRETENDESE IMPULSAR E DAR A COÑECER O TRABALLO DO SECTOR ARTESANAL PERMITINDO PARALELAMENTE PROMOCIONAR A ARTESANÍA LOCAL E A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E TURÍSTICA DO MUNICIPIO.DENDE ESTAS LIÑAS, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ANIMA AO PÚBLICO EN XERAL A VIR A UNHA FEIRA ONDE PODERÁN ATOPAR GRAN VARIEDADE DE PRODUTOS DE ALTA CALIDADE, TANTO POLAS MATERIAS PRIMAS UTILIZADAS COMO POLA MANUFACTURA, PRODUTOS EXCLUSIVOS E QUE NON SE PODEN MERCAR NORMALMENTE NOS COMERCIOS HABITUAIS ADEMAIS DE PODER GOZAR DUN DÍA DE VERÁN REPLETO DE POSIBILIDADES PARA O TEMPO DE LECER.


  • SINALAR TAMÉN QUE CON OCASIÓN DESTA EDICIÓN DA FEIRA, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ESTÁ PRESENTE NAS REDES SOCIAIS A TRAVÉS DE TWITTER (@OuteiroRei) E FACEBOOK.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .