> Actualidade

08/06/2015 11:13

> CURSO EN OUTEIRO DE REI PARA A CAPACITACIÓN DE MULLERES EN OFICIOS TRADICIONAIS

A asociación ASFEM quere poñer en marcha neste municipio, coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei, un curso para a CAPACITACIÓN EN OFICIOS TRADICIONAIS de mulleres desempregadas.
Este curso, incluído dentro do proxecto ENHEBRANDO (www.enhebrando.es), pretende a promoción de mulleres nos oficios tradicionais do medio rural.
Tratase dun curso semipresencial de 80 h de duración, cuxos contidos distribúense nos seguintes bloques temáticos:

  • COACHING (10 h)
  • CAPACITACIÓN EN OFICIOS TRADICIONAIS (50 h)
  • COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS (10 h)
  • POSTA EN MARCHA DE INICIATIVAS (10 h)

Esta acción formativa é totalmente gratuíta e contempla tamén o asesoramento on line para a posta en marcha de iniciativas de negocio e a comercialización de produtos.
As mulleres interesadas en participar poden realizar a súa solicitude en horario de mañá no Concello de Outeiro de Rei ata o día 25 de xuño chamando ao teléfono 982 393 281; para poñer en marcha esta iniciativa  é preciso cubrir as 15 prazas que se ofertan que terán que ser ocupadas por mulleres inscritas como demandantes de emprego ou en posesión da  tarxeta de mellora de emprego.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .