> Actualidade

29/05/2015 08:13

> ÁBRESE O PRAZO DE SOLICITUDE NAS INICIATIVAS OUTEIRO MADRUGADOR E OUTEIRO TARDES

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de solicitude para poder participar durante o curso escolar 2015/2016 nas seguintes iniciativas incluídas dentro do Programa Municipal de Conciliación Familiar e Apoio á Educación:

  • OUTEIRO MADRUGADOR e OUTEIRO TARDES

Estas iniciativas están dirixidas a nenos/as a de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Laverde Ruiz e pretenden axudar aos pais/nais que traballan ou que por outras razóns necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos antes e/ou  despois da xornada lectiva.
OUTEIRO MADRUGADOR. Iniciativa que funciona  dende as 8:00 h  ata a entrada dos nen@s no colexio. A cota para poder  beneficiarse deste servizo durante todo o curso escolar está establecida en 40 €/anuais.
OUTEIRO TARDES. Servizo  que funciona en horario de 16:00 h a 20:00 h; a cota para  participar nesta iniciativa é de  15 €/mes a aboar na primeira quincena do mes anterior (a excepción da cota de setembro que se paga en xuño).
Para ser usuario de calquera destas iniciativas é preciso realizar a inscrición e aboar as correspondentes cotas  na biblioteca municipal de Outeiro de Rei en horario de 10:30 h a 13:00 h. O prazo permanecerá aberto  ata o día 15 de xuño.
OUTEIRO LÚDICO. Iniciativa incluída dentro do programa de conciliación familiar promovido polo Concello de Outeiro de Rei. Tratase dun servizo de atención infantil para nenos/as de Outeiro de Rei con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que ten por obxectivo favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos períodos correspondentes ás vacacións escolares de Nadal, S. Santa e verán (no mes de agosto condicionado ao que se di no seguinte parágrafo) estendéndose tamén aos días non lectivos existentes no calendario escolar do CEIP Laverde Ruíz. O  horario de funcionamento deste servizo establecese de 8:00 h a 18:00 h (estes horarios poderán sufrir variacións en función da demanda que exista). A cota a aboar nesta actividade será de 60 € anuais repartidos en 2 prazos. O primeiro a aboar no momento da inscrición (30 €, 1ª quincena de novembro) e o 2º a aboar ata o 15 de xuño.
MES DE AGOSTO. Sempre que exista demanda suficiente,  Outeiro Lúdico poderá funcionar tamén en agosto cunha cota de 30 €. O horario de funcionamento do servizo nese mes establecerase nunha reunión cos pais/nais interesados que terá lugar o día 12/06/2015 ás 18:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei, reunión informativa na que se poderá tratar calquera cuestión de interese relacionada co programa de conciliación.
DÍAS SOLTOS. Nas iniciativas Outeiro Lúdico e Outeiro Tardes o Concello de Outeiro de Rei ofrece a posibilidade de utilizar estes servizos, sempre que exista praza, por días soltos; para este suposto a cota será  de 5 €/día.

Igualmente, sempre que exista dispoñibilidade de praza, poderanse incorporar novos usuarios a calquera destas iniciativas fóra dos prazos de inscrición previstos; nestes casos será preciso aboar a totalidade da cota anual establecida para a actividade  a excepción da iniciativa OUTEIRO TARDES onde se pagará a mensualidade completa dende o primeiro mes de incorporación (con independencia da data na que se produza).
Ademais, pensando nas necesidades dos pais/nais con fill@s que se incorporen este curso ao colexio, o Concello de Outeiro de Rei ofrece as seguintes posibilidades para o mes de setembro:

  • Posibilidade de incorporación á iniciativa Outeiro Lúdico ata o inicio do curso escolar. Cota: 15 €
  • PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Posibilidade de acollemento d@s nen@s en horario de mañá mentres dure o período de adaptación establecido para 4º de Infantil. Cota:15 €.

As persoas interesadas poden recibir máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno.: 982 393 096.



Descargar programa

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .