> Actualidade

14/05/2015 12:02

> O CONCELLO PREPARA UNHA NOVA EDICIÓN DA FESTA DOS NENOS


A décimo sétima edición de A FESTA DOS NENOS terá lugar o venres día 5 de xuño.

Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei última os preparativos desta celebración que reúne todos os anos a moitos nenos e rapaces do municipio.

Como nas pasadas edicións, a partir das 16:30 h na praza da vila poderase gozar de forma gratuíta de variedade de inchables, karts, tobogáns e dunha merenda coa que repoñer forzas.

Como remate da xornada, sobre as 19:00 h, haberá a festa da escuma, para a que hai que vir preparados porque a molladura pode ser grande.

No caso de facer mal tempo a celebración trasladarase ao recinto escolar e ao pavillón municipal.

Descargar cartel

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .