> Actualidade

16/04/2015 09:37

> MULTIAVENTURA NO GROVE

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición do MULTIAVENTURA NO GROVE, iniciativa dirixida a rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO que se celebrará do 10 ao 14 de agosto.

Ofértanse un total de 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición (terán preferencia os rapaces empadroados no concello con respecto aos de fóra).

O prazo para anotarse permanecera aberto dende o día 4 ao 29 de maio ou ata cubrir as prazas.

A cota a aboar é de 70 €/persoa que inclúe os gastos de comida e albergue (3 noites), ademais das actividades programadas (piragüismo, tirolesa, bodyboard , escalada, etc.) que deberan aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 9 a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.

DESCARGAR CARTEL











Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .