> Actualidade

16/04/2015 09:14

> PRÓXIMA APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para participar nos CAMPAMENTOS URBÁNS que se realizaran do 29 de xuño ao 3 de xullo para nen@s de 4 a 7 anos e do 6 ao 10 de xullo para nen@s de 8 a 12 anos.

Por ser limitado o número de prazas que se ofertan (25 por campamento), estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición (terán preferencia os nenos empadroados no concello e os alumnos do colexio con respecto aos de fóra).

O prazo para anotarse permanecera aberto dende o día 4 ao 29 de maio ou ata cubrir prazas. A cota a pagar para participar nesta iniciativa é de 40 € que deberan aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Entre as actividades a realizar nestes campamentos destacan: piragüismo, visita ao parque acuático de Cerceda, día de praia en Pontedeume, multitude de xogos e talleres…

Poden reservarse as prazas ou recibir máis información nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.

DESCARGAR CARTEL

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .