> Actualidade

17/03/2015 09:16

> ACTO PÚBLICO DE DESCUBRIMENTO DE PLACAS NAS RÚAS  JESÚS REDONDO CANDAL E JOSÉ VIGO MORANDEIRA

Este sábado tivo lugar o acto de descubrimento de placas nas rúas dedicadas a:

- JESÚS REDONDO CANDAL, rúa sita en Outeiro de Rei, descubrimento de placa realizado ás 12:00 h.

O Concello de Outeiro de Rei aprobou o día 11/01/2013 a través da xunta de goberno local  a denominación desta rúa como rúa Jesús Redondo Candal que foi alcalde de Outeiro de Rei en representación da agrupación independente Orballo na primeira corporación democrática xurdida despois da Constitución de 1978 (no ano 1979); ademais foi párroco de Bonxe e capelán no centro penitenciario tamén de Bonxe.

Posteriormente, ás 13:00 h procedeuse ao descubrimento da placa dedicada a:

- LUIS VIGO MORANDEIRA, rúa sita en Alargos (Guillar), descubrimento de placa  realizado ás13:00 h.

A denominación desta rúa foi aprobada tamén pola  xunta de goberno local de Outeiro de Rei o día 11/01/2013.
Esta persoa, xa falecida,  foi unha das primeiras en instalarse na zona de Os Alargos pertencente á parroquia de Guillar, parroquia que en canto a nº de habitantes é a máis poboada do municipio seguida de Outeiro de Rei.

Estes actos contaron coa participación do alcalde, membros da corporación municipal,  familiares, amigos e veciños dos homenaxeados.






« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .